Openbravo vén de anunciar o lanzamento do seu último produto, Openbravo POS. Openbravo POS é unha aplicación de Punto de Venta (POS) en software libre para o sector minorista. Foi especificamente deseñada para pantallas táctiles dunha ampla gama de negocios: dende restaurantes e tendas de comestibles ata minoristas especializados en fornecer a comercios.
Openbravo POS pódese configurar para traballar en calquera contorno de punto de venda, converténdose nunha solución de amplas funcionalidades. Openbravo POS e Openbravo ERP poden funcionar por separado ou conxuntamente en función das necesidades dos usuarios.
O novo produto conta con páxina propia e a migración do nome desde Librepos foi completada, polo que agora hai un novo proxecto en sourceforge nomeado Openbravo POS e redireccións desde versións anteriores.
A comunidade pode consultar a folla de ruta do novo proxecto e opinar nos foros de desenvolvedores para incorporar novas características.
Fonte: blogue de Adrián Romero
