Esta semana publicouse a versión 2.00 do Openbravo POS, a cal é a primeira dende que Openbravo comprou esta aplicación de terminal de punto de venda. Destacar que a tradución ao galego foi feita por Mancomun.org.
O Openbravo POS ou anteriormente coñecido coma Libre POS é un terminal de vendas deseñado para pantallas táctiles. Soporta impresoras ESC/POS, visores de cliente e lectores de códigos de barras. É multiusuario e dispón de opcións de xestión cun formulario de edición de produtos, informes e gráficos. É multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido por Adrián Romero e por unha gran comunidade de voluntarios.
