OpenMeetings é un servidor para manter reunións en liña (meetings) entre usuarios dunha rede ou da Internet. O funcionamento de OpenMeetings é tan sinxelo como o proceso de enviar un correo electrónico, sen ter que preocuparse de complexas solucións de videoconferencia. Para conseguir iso os desenvolvedores concentráronse en resolver os problemas técnicos para que os usuario non tivesen que facer ningún tipo de instalación. Os únicos requirimentos software para a parte cliente son mínimos, agás un navegador con flash player 9 e opcionalmente ter instalado Java 5.
OpenMeetings, ademais de manter vídeo conferencias entre usuarios, tamén permite levar a cabo as seguintes tarefas:
- Ter unha conversa en liña (chat)
- Proxectar presentacións en formato odp (OpenOffice.org Impress) e ppt (MS Office)
- Traballar cun taboleiro compartido
- Facer preguntas, participar en enquisas, foros, …
Os pasos de instalación para o servidor están detallados en google code onde se atopa aloxado o desenvolvemento do proxecto. O servidor está construido empregando Red5 (coma servidor de vídeo e son flash), OpenOffice.org (para procesar as presentacións), Ghostscript (para xerar os ficheiros en formato PDF),… entre outros.
