Este móbil pode empregarse con calquera operador GSM e está fabricado pola empresa FIC que apoia o proxecto. Actualmente estase a traballar no deseño do proxecto para determinar o chipset óptimo para contar con soporte WI-FI.
As novas características de hardware que incorporará son:
- 802.11 b/g WiFi
- Samsung 2442 SoC
- Media 3362 Acelerador gráfico
- 256 MB Flash
- Batería de 1700mAh
- CPU máis rápida – S3C2442/400
- LED alumeando nos botóns
Openmoko tamén soporta outro tipo de dispositivos sen ter que pecharse unicamente a Neo1973.
