Acabamos de subir á sección de “Descargas” unha actualización do OpenOffice.org portable en galego. A versión de OpenOffice.org que contén é a 2.3.0.
Esta versión permite levar o OpenOffice.org instalando nunha chave USB e poder facer uso do mesmo en calquera computador sen ter que instalalo. Ademais leva incorporado o corrector ortográfico de galego preinstalado. Funciona en Windows e tamén en GNU/Linux con Wine.
A versión portable de galego está baseada na versión da páxina PortableApps.com, onde poderás atopar moitas máis aplicacións Software Libre portables.
Ligazón:
Descarga do OpenOffice.org 2.3.0 portable en galego…
Para executalo, non hai máis que descargar o ficheiro, descomprimilo, mover á unha chave o cartafol e estará listo para executar.
