Mancomún

OpenVista, outro modelo de negocio de SL orientado ao sector sanitario

OpenVista é unha solución aberta, confiable e completa de Sistemas de Información Hospitalaria  (HIS) a cal mellora a seguridade dos pacientes e aumenta a eficiencia operacional e proporciona unha oportunidade para mellorar a calidade da atención ao paciente. Está dispoñible para varias plataformas e idiomas.

Esta tecnoloxía xa foi aplicada con éxito, entre outros, a  Hospitais de Veteranos en Estados Unidos. A empresa desenvolvedora é Medsphere, outra máis que cree no modelo de traballo do Software Libre.

OpenVista está composto por tres compoñentes:

  • Sistema de Información Clínico OpenVista (CEI) v0.9.1
  • OpenVista Server v1.0
  • E datos de mostra de Medsphere (incluído co servidor de prensa)

 

Descarga: Sf.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal