Task Coach é un organizador persoal de tarefas deseñado para crear, editar, e eliminar tarefas e subtarefas da forma máis sinxela posible, feito con [[python]] e baixo [[GPL]] v2. Cada vez que se engade unha tarefa, o programa pide un título (asunto), unha descrición, un número de prioridade, a data de inicio, a data prevista e a data de finalización. Así mesmo permite opcionalmente programar un recordatorio para esa tarefa, segundo as necesidades.
As tarefas poden ser visualizadas como unha lista ou en forma de árbore. O programa soporta varios filtros como por exemplo, esconder as tarefas completadas, ou ver só tarefas sen facer. Outra funcionalidade interesante é a posibilidade de crear as tarefas arrastrando un correo electrónico desde [[Outlook]] ou [[Thunderbird]] sobre o visor de tarefas. Tamén é posible anexar adxuntos arrastrando e soltando arquivos desde estes dous clientes sobre o apartado “Anexos”.
As tarefas, notas, esforzos e categorías poden ser exportados a formato HTML e CSV, e impresos de acordo á vista actual, incluíndo filtros e orde de selección,