Mancomún

Os distintos CD/DVD de Debian GNU/Linux

Os distintos CD/DVD de Debian GNU/Linux

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png Poucas distribucións ofrecen unha variedade de soportes de instalación como a que ofrece Debian GNU/Linux, xa que temos dispoñibles 331 discos distintos para descargar, aparte de soportes clásicos como os disquetes, ou máis modernos como as chaves USB. Pero non fai falla poñerse nervioso, non hai que descargalos todos para desfrutar desta magnífica distribución e como recentemente acaba de saír a versión 4.0, este é un bo momento para repasar as alternativas que temos.

Cando vamos instalar Debian debemos facernos unha pregunta fundamental en base á cal poderemos elixir unha ou outra opción para descargar: ¿instalaremos directamente desde CD ou DVD, ou iniciaremos un sistema mínimo para posteriormente realizar a descarga de paquetes desde a rede?…

Se eliximos a opción de instalar sen conexión á rede, a mellor opción é descargarse o DVD multiarquitecturas, o cal detectará a arquitectura do noso computador (i386, amd64 e powerpc) automaticamente e instalará un escritorio completo.

Se non dispoñemos de lector de DVD poderemos optar pola mesma opción pero en CD, ou por descargarnos todos os paquetes da distribución integrado nunha colección de 21 CD. Neste caso, co primeiro CD poderemos instalar o escritorio Gnome directamente, aínda que se eliximos outro escritorio disporemos dos correspondentes para [[KDE]] e [[XFCE]].

Para finalizar a oferta de instaladores que non necesitan da rede, temos o CD tamaño tarxeta de visita (businesscard CD) co que disporemos dunha instalación básica nun soporte moi apropiado para o marketing ou instalacións rápidas.

A instalación por rede, ten a vantaxe de permitir a descarga dos paquetes directamente dos repositorios, con todo o que iso implica (actualizacións, comodidade, …). Aínda que con calquera das opcións anteriores temos a posibilidade de instalar paquetes desde a rede, temos a posibilidade de descargarnos unha imaxe ISO duns 200MB especialmente deseñada para este propósito.

Mención aparte reciben o proxecto non oficial Debian Live, que traballa en proporcionar un sistema Live baseado en Debian, e Debian Edu (unha iniciativa que desenvolve unha versión de Debian especializada en fins educativos e con soporte Live).

Fonte da noticia:
http://kernelsource.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal