Ousli vén de liberar un complemento, FirefoxFalaGalego, para o navegador de Moziila que permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego. O complemento pódese instalar dende a páxina de complementos para o navegador firefox.
Para utilizar o complemento so fai falla seleccionar un texto en castelán e premer as teclas ALT + G. Despois de esperar a resposta por parte do servizo Opentrad, amosarase nun div a tradución do texto seleccionado.
Fonte: Ousli
