OWASP LiveCD é unha distribución que se centra en ofrecer os recursos do OWASP dende un CD autoarrincable, tanto aplicacións coma documentos.
OWASP, acrónimo de Open Web Application Security Project, é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro.
A Fundación OWASP é un organismo sen ánimo de lucro que apoia e xestiona os proxectos e infraestrutura de OWASP. A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e particulares de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera.
A versión beta 2.1 de OWASP LiveCD, denominada “LabRat”, está dispoñible para a súa descarga dende a páxina do proxecto. O obxectivo desta distribución portable é ter unha solución para que os profesionais que fan probas, administradores de seguridade, estudiantes ou calquera outra persoa interesada na seguridade informática poidan realizar o seu traballo dun xeito máis sinxelo e estandarizado.
Entre os proxectos incluídos no CD están:
- WebGoat, software para o aprendizaxe de securización de aplicacións web
- WebScarab, framework para a análise de aplicacións que se comunican empregando os protocolos HTTP ou HTTPs.
- Outros recursos do proxecto OWASP están dispoñibles premendo na seguinte ligazón:
http://www.owasp.org/index.php/Category:OWASP_Project
