GPUL, “Grupo de Programadores y Usuarios de Linux”, fai un chamamento para comezar os preparativos para a celebración, un ano máis, das tradicionais “Jornadas de Software Libre de GPUL”. Este ano é a sétima edición.
As xornadas celebraranse, en principio e se non hai cambios, a semana do 23 ao 27 de abril de 2007, e calquera persoa interesada en dar un relatorio, taller, titorial ou en organizar algunha actividade non ten máis que enviar unha proposta á dirección de correo info (ARROBA) gpul (PUNTO) org antes do 31 de marzo…
Na proposta hai que incluír un título para a actividade, quen a organiza e un pequeno resumo da mesma. Asemade hai que poñer as preferencias de días e horas, así como calquera restrición que se teña.
En principio o programa das xornadas debería estar pechado antes do mes de abril, por iso a data tope para propor unha charla é o sábado 31 de marzo.
Máis información na páxina de GPUL
