Mancomún
Xoves, 17 Xuño 2021 | Rafael Mateus, Pedro Javier Fernández e Germán Martínez

#57-Mancomún Podcast: esLibre con Rafael Mateus, Pedro Javier Fernández e Germán Martínez

Episodio 57

O Congreso esLibre, un dos eventos a nivel español máis importantes relacionados co software libre e a cultura libre, terá lugar este ano de forma virtual o 25 e 26 de xuño. esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, enfocado a compartir coñecemento e experiencia ao redor das mesmas.

Hoxe contamos con varios membros do equipo organizador: Rafael Mateus e Pedro Javier Fernández, e tamén con Germán Martínez, colaborador da organización.

esLibre con Rafael Mateus, Pedro Javier Fernández e Germán Martínez

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Enlaces mencionados no programa

Rafael Mateus https://twitter.com/RafaelMateusM Pedro Javier Fernández https://twitter.com/pedro_javierf Germán Martínez https://twitter.com/germaaan_ esLibre Twitter https://twitter.com/esLibre_ esLibre https://eslib.re/2021/ Interferencias https://interferencias.tech/t.me/inter_ferencias LibreLabGRX https://librelabgrx.cc/ Libre Lab UCM https://librelabucm.org/

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal