Desde hai varios anos, existen en España diversas Oficinas de Software Libre dependentes das propias Universidades, onde divulgan, impulsan e asesoran sobre temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Hoxe contamos con Jesús González- Barahona pola Oficina de Coñecemento e Cultura Libres da Univ. Rey Juan Carlos. Con Jose Luís Vázquez- Poletti pola Oficina de Software Libre e Tecnoloxías Abertas da Univ. Complutense de Madrid. E con Pablo García Sánchez, pola Oficina de Software Libre da Univ. de Granada.
Con todos eles, imos falar hoxe sobre unha interesante iniciativa que emprenderon hai pouco entre estas 3 oficinas, “El Concilio de lo Libre”, e coñecer un pouco mellor o funcionamento destas entidades e aos seus integrantes.
“El Concilio de lo Libre” con Jesús Gonzalez-Barahona, Jose Luis Vazquez-Poletti e Pablo García
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.
Enlaces mencionados no programa
Oficina de Conocimiento y Cultura Libres de la Univ. Rey Juan Carlos https://twitter.com/OfiLibreURJC
Jesus M. Gonzalez-Barahona http://twitter.com/jgbarah
Oficina de Software Libre y Tecnologías Abiertas de la Univ. Complutense de Madrid https://twitter.com/oteaucm
Jose Luis Vazquez-Poletti https://www.linkedin.com/in/jlvazquezpoletti/
Oficina de Software Libre de la Univ. de Granada https://twitter.com/OSLUGR
Pablo García Sánchez https://www.linkedin.com/in/pgarciasanchez/
Videoconferencia profesional y sencilla con Software Libre por David Pacios Izquierdo https://www.youtube.com/watch?v=YPVJpfTvvtY
Charla: LaTeX con Overleaf https://www.youtube.com/watch?v=GySOlqkKtDM
Taller Online Creación de escenarios oníricos en Blender http://sl.ugr.es/cursoBlender2021
