Mancomún
Martes, 21 Decembro 2021 | Jordi Gervas

Mancomún Podcast: 73 – Casos de éxito no uso de ferramentas libres en administracións públicas, con Jordi Gervas

Episodio 73

Continuamos mostrando casos de éxito de implantación e uso de ferramentas de software libre en ámbitos empresariais e administracións públicas, como é o caso de GLPI.

GLPI é unha ferramenta que axuda a manexar e controlar os cambios na infraestrutura informática de maneira sinxela, resolver problemas de maneira eficiente e fai posible o control fiable sobre o orzamento e gastos que se realizan en IT.

Hoxe contamos en Mancomún Podcast con Jordi Gervas Arruga, Responsable TIC na Diputació de Lleida.

Casos de éxito no uso de ferramentas libres en administracións públicas, con Jordi Gervas

Enlaces mencionados no programa

Jordi Gervas Arruga https://www.linkedin.com/in/jordi-gervas-arruga-72b92476/ GLPI https://glpi-project.org/es/

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal