A filosofía do software libre é tamén aplicable á do hardware libre, e por iso forma parte da cultura libre, un tipo de cultura que nos gusta moito en Mancomún Podcast. Chámase hardware libre, hardware de código aberto, electrónica libre ou máquinas libres a aqueles dispositivos de hardware cuxas especificacións e diagramas esquemáticos son de acceso público, xa sexa baixo algún tipo de pago, ou de forma gratuíta.
Empezamos hoxe unha serie de programas especiais en torno ao hardware libre, acompañados de moitos apaixonados desta cultura, que seguro nos achegarán moitos coñecementos e puntos de vista interesantes en torno ao hardware libre.

Nestes programas especiais sobre hardware libre, teremos varias seccións para poder profundizar en varios aspectos: noticias, tecnoloxía inclusiva, un pouca de historia, información sobre smartphones libres e algunha sección máis técnica, sobre aplicacións para hardware libre e dispositivos open embedded.
E finalizaremos o programa cun faladoiro sobre algún tema que nos pareza interesante tocar, como a robótica en educación no caso deste primeiro programa. Esperamos que vos gusten estes programas especiais.
Primeiro especial sobre Hardware libre
Enlaces mencionados no programa
EsLibre en Vigo https://eslib.re/2022
Certificación de proxectos Hardware Libre https://application.oshwa.org/
Compartir proxectos de Hardware Libre https://www.openhardware.io/
Europa abraza o hardware libre para librarse da dependencia de EE UU e China https://elpais.com/retina/2020/02/18/tendencias/1582023556_258635.html
Week arduino http://week.arduino.cc/events
Grupo de investigación CITIC https://talionis.citic.udc.es/match/
Sección Open embedded I https://es.wikipedia.orembeddedg/wiki/Microcontrolador
Sección Open embedded II https://es.wikipedia.org/wiki/Placa_computadora
Sección Open embedded III https://www.raspberrypi.com/products/
Sección Open embedded IV https://docs.arduino.cc/
