Mancomún
Xoves, 20 Outubro 2022 | David

Mancomún Podcast: Aplicacións libres no teu peto con Galego Geek

Episodio 90

Os smartphones convertíronse fai tempo en computadoras que levamos no noso peto. Son de fetio, as computadoras que empregamos máis asiduamente na nosa vida cotiá. E para estas pequenas computadoras, contamos cunha gran variedade de software libre dispoñible, tanto se falamos de sistemas operativos como de aplicacións para eles.

Hoxe falamos sobre estes temas con David, máis coñecido por Galego Geek. David traballa como redactor web, ademais de ter un blog e un podcast persoal sobre tecnoloxía e gadgets, Galego geek Podcast.

Aplicacións comentadas:

F-Droid, Droid-ify, Tutanota, Nekogram X, Obsidian, Tasks, Nextcloud, Joplin, Wallabag, Syncthing, andOTP, Binary Eye, Infinity.

Enlaces mencionados no programa

Twitter de David https://twitter.com/galegogeek Blog de David https://www.galegogeek.es/ Galego Geek Podcast https://open.spotify.com/show/4A8mPB1iWVoSJJEbvh2rOn?si=be6e46568b1f4a0c

As músicas usadas neste programa foron

Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal