Mancomún
Xoves, 20 Xuño 2024 | César García

Mancomún podcast – Modelos libres de IA, con César García de “La hora Maker”

Episodio 126

Cada vez aparecen máis e máis modelos chamados libres ou abertos en Intelixencia Artificial. Grandes empresas como Meta, Apple ou Microsoft únense a esta corrente liberadora, pero case sempre usando o termo libre, de forma pouco ortodoxa.

portada de Mancomún podcast - Modelos libres de IA, con Cesar García de "La hora Maker"

Hoxe contamos con César García, ao mellor coñécelo máis na súa faceta de docente, investigador ou conferenciante, ou por ser o creador e presentador de “La Hora Maker”, onde nos fala sobre novas tecnoloxías, mundo maker, sobre o deseño aberto, a personalización radical, o software libre e ultimamente creando moito contido sobre a Intelixencia Artificial.

Enlaces mencionados no programa

César García
https://www.linkedin.com/in/cesargarciasaez/

La Hora Maker
https://www.youtube.com/c/LaHoraMaker

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal