Postgres Forms (pfm) é unha aplicación que permite deseñar informes e formularios para traballar cos rexistros das táboas dunha base de datos PostgreSQL.
As principais características de pfm son:
- deseñar formularios para engadir, modificar ou eliminar rexistros das táboas da base de datos;
- deseñar as ligazóns (relacións un a moitos) dende un formulario a outro para navegar pola base de datos;
- deseñar e xerar informes baseados nos datos dunha táboa ou vista;
- editar e executar sentencias SQL.

Pantallazo de Postgres Forms en funcionamento
Postgres Forms está implementado en Tcl/Tk proporcionando unha interface para a creación de informes e formularios sendo necesarios certos coñecementos en SQL para poder traballar coa ferramenta. Por iso é moi recomendable, antes de comezar a traballar con PFM, ler a documentación para familiarizarse co funcionamento da ferramenta.
Pfm está dispoñible para contornos nos que traballe Tcl/Tk. Na forxa de Postgres están dispoñibles as versións para MS Windows e GNU/Linux.
