O número dos Sistemas de Xestión de Contidos (CMS) dispoñibles baixo Software Libre segue aumentando. Unha breve visita a cmsmatrix ou a opensourcecms, que son recursos excelentes para comparar as distintas opcións, indica a existencia de máis duns cantos centos deles. ¿Cal é o mellor?
Packt, unha compañía do Reino Unido decidiu contestar a esta pregunta coa concesión do premio ao mellor Sistema de Xestión de Contidos baseado en Software Libre …
O concurso constará de dúas fases:
- Unha primeira fase (en execución) na que os usuarios votarán o seu CMS favorito ademais dos motivos da elección.
- Unha segunda fase prevista para septembro onde os 5 CMS co maior número de votos serán xulgados por un tribunal composto de 3 membros, que elixiran ao gañador.
O gañador recibirá un premio de $5.000, mentras que o segundo e o terceiro finalista recibirán $3.000 e $2.000 respectivamente.
Pódese ler a nova completa, xunto cunha entrevista ao creador do premio (Damian Carvill) na fonte orixinal da nova (en inglés):
Fonte da nova: NewsForge
