Mancomún

Premio Software Libre de Eganet

Premio Software Libre de Eganet
EganetEGANET, asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, convoca a IV edición dos seus premios anuais para  estimular o labor de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan e desenvolven produtos e servizos que teñen en internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.
 
Destaca a existencia dun galardón para o Software Libre. Premiarase nesta categoría o uso e a difusión de tecnoloxías de código aberto tanto por parte de empresas privadas coma de administracións públicas, considerándose especialmente a contribución de tal uso ás comunidades opensource e galega. 
 

Ademais do Premio ao Software Libre haberá galardón ás mellores páxinas web de comercio electrónico, institucional, á mellor aplicación online… así ata completar 9 categorías diferentes. Os interesados deben enviar as súas candidaturas antes do 15 de marzo a candidaturas@premioseganet.com.

Os premiados recibirán un trofeo representativo exclusivo, deseñado por un artista galego e fabricado en Galicia. Os premiados poderán facer publicidade do galardón, sempre que se especifique claramente en lugar visible o ano e categoría premiada. EGANET entregará un logo acreditativo da condición de gañador ou finalista dos Premios EGANET.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal