A maior parte dos proxectos son coñecidos por todos, ou temos escoitado falar deles algunha vez, e con estes premios, recoñécese o seu bo facer como aplicacións de código aberto.
Os gañadores foron os seguintes:
- Mellor proxecto: 7-Zip
- Mellor utilidade para desenvolvedores: TortoiseSVN
- Mellor proxecto para empresas: Firebird
- Mellor proxecto para xogadores: ScummVM
- Mellor proxecto multimedia: Audacity
- Mellor proxecto para comunicacións: phpBB
- Proxecto máis novidoso: emule
- Neste apartado houbo unha mención de honor: Launchy
- Mellor soporte ao usuario: Firebird
- Mellor deseño técnico: 7-Zip
- Proxecto máis colaborativo: Azureus
- Mellor utilidade para administradores: phpMyAdmin
Información completa en: Sourceforge
