[[Google]] lanza o seu propio servizo de aloxamento de Software Libre . Este novo servizo do xigante Google foi presentado na OSCON’06 (O’Reilly Open Source Convention) por Greg Stein, enxeñeiro de Google e o presidente da Apache Foundation .
Este servizo permite a creación dun proxecto en menos dun minuto. Destácase o uso de Subversion, as licenzas permitidas na alta dun novo proxecto e o sistema de notificación e control de erros.
