Mancomún

Preséntase o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información

Preséntase o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información
Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, presentou con Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, as principais conclusións do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información. Grazas a este traballo pódese establecer un diagnóstico fiable da situación das novas tecnoloxías da información e da comunicación na nosa comunidade.  Tamén se presentou a web Sociedade da Información que recolle a estratexia para acadar a plena integración na era dixital así coma informes, estatísticas, novas, ferramentas e outros recursos. O Software Libre será unha liña prioritaria na política tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Sociedade da Información

O novo plan prevé un investimento público de 800 millóns. A directora xeral asegurou que a falta de interese nos contidos que ofrece a Rede é “un grave problema” que lastra a popularización de Internet en Galicia. Por iso, a Consellería de Industria vai potenciar a xeración de información en galego e próxima aos cidadáns.

Ademais dos contidos, a Xunta aposta pola creación dun parque empresarial para empresas que traballen coas TIC. Veiguela tamén adiantou a redacción dun plan director das telecomunicacións, que se complementaría cun mapa das infraestruturas de telecomunicacións. Ademais, a mandataria sinalou o “posible” lanzamento dun novo Instituto Cartográfico de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal