Mancomún

Proxecto "e-verano.org" e o evento "3ª jornadas tecnológicas andaluzas de Software Libre"

Proxecto "e-verano.org" e o evento "3ª jornadas tecnológicas andaluzas de Software Libre"

e-verano.org Acabamos de engadir un novo evento na “Axenda de eventos“.

En concreto, son as “3ª jornadas tecnológicas andaluzas de Software Libre [3JTASL]” que se celebrarán entre os días 23 e 27 de agosto de 2006 nas instalacións do CEULAJ, no centro xeográfico de Andalucía e que se enmarcan dentro do proxecto “e-Verano.org: una mirada a la Sociedad Libre“…

Tras o éxito da pasada edición (2JTASL), con máis de 300 participantes, 9 días de conferencias e talleres e cun programa de relatorios de enorme calidade (con relatores de renome como Richard M. Stallman, Juantomas García, Jorge Cortell, JJ Merelo, Antonio Larrosa ou David Santos) comézase xa a traballar nesta nova edición.

Nesta ocasión, as xornadas estarán máis abertas que nunca e xa se está realizando a convocatoria para presentar relatorios e propostas (Call for Papers) co obxectivo de mellorar e ampliar os seus contidos. O prazo para presentar propostas estará aberto ata o 30 de xuño.

As xornadas compartirán espazo e data con outras sete propostas formativas-divulgativas, conformando todas elas o proxecto denominado e-Verano.org: una mirada a la Sociedad Libre esperando unha asistencia de máis de 1.000 persoas.

Ademais, como nas anteriores actividades organizadas pola Iniciativa Focus e Hispalinux, é un evento aberto á comunidade dende o cal se anima a participar a todos, e para iso, abriron tamén un formulario de colaboradores e interesados.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal