Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais, correspondente ao período novembro-xaneiro, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio e ao segundo correspondente ao período maio-xullo e ao terceiro que analiza os meses de agosto a outubro.
Publicado o IV informe sobre políticas e iniciativas do Software Libre
