Mancomún

Publicados os informes trimestrais do Observatorio de Software Libre

O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais feito pola Universidade da Coruña e o informe da evolución da situación da tecnoloxía do Software Libre feito pola Universidade de Santiago, correspondentes ao período febreiro-abril.

Estes informes son froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa aos informes previamente publicados neste mesmo observatorio.

Os documentos, que están baixo licenza Creative Commons, resumen a evolución das políticas das administracións, tanto estatais como europeas, dos meses de febreiro, marzo e abril do ano 2007 no referente a iniciativas de Software Libre, e a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal