Mancomún

Publicamos O Software Libre nas entidades de Galiza

Mancomun.org, coma Observatorio do Software Libre en Galicia, acaba de publicar O Software Libre nas entidades de Galiza que analiza o emprego do código aberto na PEME, empresas informáticas, concellos e centros de ensino non universitario. O documento está dispoñible na sección de descargas.

O estudo indica que o Software Libre estase a desenvolver de xeito desigual segundo os diferentes ámbitos. Nas empresas informáticas o uso é maior (48%), seguido por concellos (32%), centros de ensino (20%) e a PEME non tecnolóxica (10%). Goza dunha imaxe excelente e a principal razón para non usalo é o descoñecemento. Ademais faise evidente a necesidade de actividades de difusión e formación en todos os sectores estudados.

O Software Libre nas entidades de Galiza, reflicte unha maior presenza no eido público cunha porcentaxe importante de administracións locais que xa empregan tecnoloxía de estándares abertos. Nos centros educativos o índice de emprego é menor pero existe unha boa predisposición a usalo.
 
Pola súa banda no sector privado as empresas informáticas usan o Software Libre para levar a cabo os seus produtos e servizos pero son reticentes á hora de establecer novas liñas de negocio baseadas en código aberto.  Na PEME en xeral existe un grande descoñecemento  aínda que  goza dunha boa imaxe.
 
Prema aquí para descargar o informe  http://www.mancomun.org/components/com_remository/images/download_trans.gif 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal