QLandkarte é un software cartográfico GPL que vén a cubrir parte das necesidades deste tipo de aplicacións para GNU/Linux.
Así relata o seu autor o nacemento do proxecto: “Encontrei varias ferramentas como GPSBabel e sendmap para manexar datos do meu GPS; pero non ferramentas para visualizalos e xestionalos de forma correcta. Na miña busca atopei en Sourceforge unha especificación do formato IMG usado para os mapas. Despois de moito tempo lendo e probando a especificación, considereina o suficientemente boa como para desenvolver unha interface para visualizar estes ficheiros usando esta especificación. QLandkarte é o resultado deste esforzo.”…
Entre as súas características implementadas destacan (*soportadas):
- eMap (serial, EXPERIMENTAL)
- eTrex Legend (serial, EXPERIMENTAL)
- eTrex Vista (serial, experimental)
- eTrex Legend C
- eTrex Venture Cx (UNTESTED)
- eTrex Vista Cx (usb)
- GPSMap 60CS
- GPSMap 60CSx
- GPSMap 60Cx (UNTESTED)
- GPSMap 76SCx (UNTESTED)
- Para soportar outros GPS, o autor pide axuda no desenvolvemento
- *Importar coleccións de mapas
- * Cargar ficheiros *.img
- * Amosar mapas e información de obxectos
- * Busca de lugares a través de Google Maps
- * Rexistro dinámico – grava datos de posición de GPSr
- * Medir distancias (WGS84)
- * Imprimir mapas a PDF ou papel
- * Facer capturas de pantalla de GPSr
- Cargar mapas ao dispositivo
- e moitas máis…
O autor da aplicación habilitou unha lista de correo para enviar peticións de soporte acerca da mesma:
Lista de soporte de QLandkarte
Unhas capturas de pantalla de QLandkarte:
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot1.jpg
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot2.jpg
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot3.jpg
Páxina oficial do proxecto:
http://qlandkarte.sourceforge.net/
