Trátase dun cd ou dvd cunha distribución GNU/Linux preparado para arrancar o equipo dende el e traballar co sistema sen necesidade de instalalo no disco duro. Resulta moi axeitado para xente interesada en ver o funcionamento de GNU/Linux sen modificar o seu disco duro.
Ás veces veñen coa opción de realizar a instalación no disco duro, se así o quere o usuario (Knoppix, Galinux) e outros só están pensados para funcionar deste xeito e existe un CD distinto para facer a instalación (Ubuntu).
Para facer uso dun LiveCD cómpre obter un deles e logo configurar o ordenador para que arranque dende a unidade lectora. Reiniciar o equipo co disco na unidade de xeito que o LiveCD se iniciará automaticamente.
Para maior información pódese consultar a definición da wikipedia .
