Mancomún

Red Hat anuncia a segunda edición dos premios JBoss á Innovación

O período de presentación de propostas está aberto para clientes, partners de JBoss e membros da comunidade open source de todo o mundo. Os premios [[JBoss]] á Innovación recoñecen a persoas individuais, equipos e compañías logros técnicos que mostran tanto ideas creativas como a resolución a un problema determinado coas solucións JBoss.

Hai oito categorías ás que se poden presentar:

  • Despregue conxunto JBoss/Red Hat
  • Implementación SOA (Arquitectura Orientada a Servizos)
  • Retorno do Investimento incrementado
  • Ecosistema
  • Tecnoloxías punta e emerxentes
  • Migración
  • Automatización de Procesos de Negocio
  • Experiencia de usuario

As candidaturas a cada categoría serán xulgadas por un grupo de representantes e líderes da industria. Os gañadores de cada categoría anunciaranse en xaneiro de 2008. Ademais recibirán entradas para o JBoss World Orlando, invitacións para unha cea de executivos durante o evento, o perfil de compañía exposto durante a sesión xeral do evento e o recoñecemento como líder neste campo.

Dos gañadores das oito categorías, será seleccionado o Premio JBoss ao Innovador do Ano vía votación da comunidade. Este gañador anunciarase no JBoss World Orlando e recibirá entradas para futuros eventos de Red Hat e JBoss.

O período de presentación de propostas está aberto ata o próximo 30 de novembro.

Para máis información, ou presentación de propostas, visite innovationawards2006

Para máis información sobre JBoss World, visite por favor www.jbossworld.com

 Fonte: Noticiasdot.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal