Red5 é un servidor de Flash en Software Libre, feito con Java e que soporta:
- Transmisión de son/vídeo (FLV e MP3)
- Gravación de transmisións (só FLV)
- Obxectos compartidos
- Publicación de transmisión en directo
- e moitas características máis
O proxecto está na versión 0.6.2 publicada hai escasamente 6 días (17-06-2007). Este servidor é unha alternativa libre e gratuíta aos tan caros servidores de streaming propietarios, e xa se está usando con grande éxito en proxectos tan importantes como Dokeos…
Mapa mundial con servidores Red5:
http://www.frappr.com/red5
Folla de ruta de futuras versións:
Red5 – Project Roadmap
