Aínda hai grandes empresas que seguen mantendo sobre os seus principios básicos aqueles que lles fixeron seguir o camiño correcto e que lles fixeron chegar lonxe ata o día de hoxe. RedHat é un bo exemplo xa que, no acordo entre ela e Microsoft, quere deixar claro que sempre hai que traballar sobre código aberto.
Ata tal punto chegou Paul Cormier, vicepresidente executivo de RedHat, que declarou que non se asinará nada con Microsoft a non ser que se comprometa a traballar con API abertos. Así de claros son e así de xustos, por así dicilo. E é que, segundo a sua filosofía, traballar en API pechados non é interoperabilidade, que é o que procurar ambas as empresas con este contrato.
Moi valente foi RedHat que, ao manter os seus principios, hoxe en día segue sendo o espírito máis puro do software libre.
