Mancomún

Remata o obradoiro "Novas Ferramentas de Internet: Gmail, iGoogle e WordPress" no Salnés

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner-rotate.jpgO sábado 1 de setembro chega ao seu fin o obradoiro “Novas Ferramentas de Internet: Gmail, iGoogle e WordPress ” que comezou durante o mes de agosto e que tivo lugar no Centro Comarcal do Salnés.

O obradoiro está dividido en dúas sesións de 3 horas cada unha en horario de mañá os sábados desde as 11:00 até as 14:00 horas. Na primeira, móstrase as distintas funcionalidades do correo electrónico de Google Gmail, e o escritorio virtual iGoogle e na segunda sesión, centrase na creación dun blogue desde cero, usando o Software Libre WordPress.

Os obxectivos do obradoiro son mostrar novas alternativas para o manexo do correo electrónico, creación dun escritorio virtual e blogues.

O obradoiro está enfocado tanto ao público en xeral como tamén para asociacións. Sobre todo para estas últimas, posto que o aproveitamento destas tres ferramentas poden permitirlles, entre outras cousas, mellorar a súa comunicación tanto interna como externa por medio do correo electrónico, darse a coñecer dunha maneira sinxela mostrando as súas actividades, os seus obxectivos, eventos nos que participan, etc… a través da creación dun blogue e por último ter acceso a outras ferramentas gratuítas online desde un escritorio virtual.

Segundo a web da Rede de dinamización, como houbo bastante interese por parte da xente, neste obradoiro fixéronse dous grupos, un formado por 6 persoas, que participaron os pasados 11 e 25 de agosto, e outro formado por 9 persoas que acudiu o pasado 18 de agosto e que rematará a súa participación este sábado 1 de setembro.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal