Xa están dispoñibles os repositorios oficiais de Google para Linux cos paquetes de tódalas súas aplicacións publicadas. As distribucións soportadas son Ubuntu 7.04, Debian GNU/Linux 4.0 e OpenSuSE 10.2.
Con estes novos paquetes a instalación e actualización de software como Picasa ou Google Desktop resulta moito máis sinxela.
