
Onte tivo lugar no Centro de Supercomputación de Galicia unha reunión entre as asociacións de usuarios de Linux de Galicia que asinaron o convenio con Mancomun.org coa fin de repasar e coordinar as actividades que estes grupos acordaron realizar durante o próximo semestre.
Mancomun.org ten asinado un convenio para apoiar as actividades de 9 grupos que desenvolven iniciativas de difusión e de Software Libre espallados por toda Galicia. Estas actividades van encamiñadas a dar a coñecer a filosofía do código aberto á sociedade, xornadas de carácter técnico, realización de foros e coloquios públicos entre outras accións.