RightWebPage é un software para verificar e corrixir moitos aspectos de conformidade de sitios web co Estándar Internacional ISO/IEC 23026:2006 – Software Engineering (un conxunto de prácticas recomendadas para sitios de internet, enxeñería, xestión e ciclo de vida dos sitios web que se basean nas do [[W3C]] e nas dos principais desenvolvedores da industria).
As principais características do software son:
- Verificación dunha páxina simple ou de todo un sitio.
- Validación HTML contra os DTD do W3C e dos esquemas previos do WHATWG (X)HTML5.
- Comprobación automática e corrección de moitos aspectos de conformidade das mellores prácticas internacionais.
- Visualización dunha instantánea coa codificación dada (elección do axente de usuario para ver como quedaría a páxina nese navegador).
- Verificación completa das ligazóns. Incluso os cambios de dirección ocasionados por malas redireccións son detectados empregando un especial.
- Corrección automática das dimensións, largura e alto, das imaxes para que os navegadores teñan unha mellor resposta.
- Corrección automática das etiquetas meta coma o idioma por defecto e meta datos.
O software está dispoñible para GNU/Linux, MacOS e MS Windows.
