Cada vez son máis as distros que aparecen no mercado, pero son poucas as que poden lanzar actualización con bastante periodicidade. Estas son as que realmente se utilizan e as que serven de base para todas as demais, salvo raras excepcións.
O que se pretende amosar é o estado no que están algunha delas e as súas actualizacións na actualidade e os seus cambios máis significativos. Entre elas imos analizar as novidades de: Ubuntu, Mandriva, Slackware, Debian e Gentoo.
Ubuntu 6.10 Alpha2
Baseada en Debian GNU/Linux, concentra os seus obxetivos na usabilidade, nos seus releases regulares e na facilidade na instalación no disco duro.
As principais melloras de esta 6.10 Alpha2 son a actualización a X.Org edición 7.1. En Ubuntu, GNU Object Model Environment foi actualizado a 2.16.0 Release Candidate 1 e na parte de Kubuntu o foi actualizado a 3.5.4 do KDE.
O changelog dos cambios está en: http://www.ubuntu.com/testing/knot2
Os cambios da versión de Kubuntu están en: http://wiki.kubuntu.org/EdgyEft/Knot2/Kubuntu
Mandriva GNU+Linux 2007 Beta3
Mandriva está baseada no sistema de paquetes rpm e está a facer unha seria competencia entre todas as distribucións.
As súas principais aportacións neste novo lanzamento son:
- Discovery/Lx: permite facer doada a migración de MS Windows a GNU/Linux.
- Powerpack: Deseñado para usos intensivos de aplicacións multimedia, oficina e Internet.
- Novo soporte para escritorio 3D (con AIGLX e Xgl).
- Novo Kernel 2.6.17 baseado en 2.6.17.8 e ALSA 1.0.12 rc2)
- K Desktop Environment -KDE- 3.5.4.
- Nova utilidade de configuración VPN (drakvpn).
- E moitos cambios máis.
Máis información.
Slackware GNU+Linux 11.0 RC4
Outra das distros importantes no panorama GNU/Linux é a Slackware GNU/Linux na súa nova versión 11.0-RC4. Slackware é moi utilizado en servidores WEB.
Os cambios desta nova versión son:
- Unha gran cantidade de paquetes de software foron renovados, entre o que destaca o máis importante, a actualización do kernel Linux a 2.4.33.3, MySQL a 5.0.24a e Samba a 3.0.23c.
- O nivel de log de udev foi renovado dende “crit” a “err”.
- k3b agora escribe en /dev/writer.
Máis información.
Debian GNU/Linux 3.1r3
Considerada por moita xente da comunidade GNU/Linux a mellor distribución pola súa seriedade, fortaleza e seguridade.
A descrición deste lanzamento está en mancomun.org.
Gentoo GNU/Linux 2006.1
Como para gustos hai cores, existe unha distribución que se escapa de todo o convencional. Gentoo GNU/Linux é unha distribución diferente que funciona unha vez que todo o sistema está compilado na computadora na que se está a traballar.
A descrición deste lanzamento está en mancomun.org.
NetBSD 3.1 RC2
NetBSD é outra das distros que está collendo forza dentro da comunidade pero que aínda non conta con moitos usuarios. É moi utilizada en servidores xa que provén da familia BSD pero que aínda non está moi adaptada para entornos de usuario.
Os seus cambios máis importantes son:
- Actualización na implementación do protocolo PPPoE/ISDN/PPP .
- Actualización para entornos spac e spac64.
- Corrixidas vulnerabilidades de DoS en sendmail.
- E moitas máis.
Máis información.
Pero como non é todo ouro o que reluce, a Free Software Fundation proporcionou unha lista das distribución que son 100% Software
Libre. Nesta lista non atopamos ningunha das anteriores.
Esta lista pódese consultar aquí .
