Mancomún

Segue aberto o prazo para o Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre

Segue aberto o prazo para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre organizado por Igalia e que conta coa colaboración das tres universidades galegas e Mancomun.org.  Igalia realizou unha enquisa entre os inscritos na que a maioría afirmou que a súa fórmula preferida para presentar o seu traballo era facer unha breve exposición oral do seu proxecto.  En total hai sete proxectos polo de agora colgados na Forxa que poderán recibir 1.000 euros de facerse co primeiro premio.

Os participantes presentarán e desenvolverán un PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFC terán que ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal