As súas características principais son:
Para o docente:
- Formularios de rexistro de datos sobre asistencia, cualificacións, tarefas, observacións, entrevistas.
- Axenda persoal onde incluír as datas de exame, citas privadas, mensaxes,etc
- Acceso ás fichas do seu alumnado, dispoñendo en segundos da información requirida.
- Xeración de boletíns actualizados así como informes de asistencia, cualificacións, tarefas, observacións, tanto individuais como de agrupamento.
- Xeración e xestión de correspondencia coas familias e resto de docentes do Centro
- Xeración de informes de titoría e de resultados de avaliación.
- Acceso aos datos de asistencia, cualificacións, tarefas e observacións rexistrados polos docentes.
- Comunicación cos docentes mediante mensaxería interna.
- Recepción de correspondencia e boletíns coa frecuencia que desexen sen que supoña un esforzo adicional.
Fonte: Web do autor de SIESSTA
