Mancomún

Software Libre. Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto

Software Libre. Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto
Libro Jordi MàsO coordinador xeral de Softcatalá, Jordi Màs, presentará o vindeiro xoves 28 de setembro o seu libro Software Libre. Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto, traducido ao galego por Daniel Romero e Ana Salgado. O acto será na Galería Sargadelos (rúa nova, 16) en Santiago de Compostela ás 20 horas. O libro, que está editado por Biblos Clube de lectores, conta co patrocinio do proxecto mancomun.org

No acto intervirán Jordi Màs i Hernàndez, autor do libro, Tucho Calvo, director literario de Biblos, Elena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e  Sociedade da Información e Javier García Tobío, director do CESGA.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal