GardenSketch é un software para o deseño de xardíns que axuda na planificación e organización das áreas dun xardín visualizando como quedaría antes de mercar as plantas e amosando a diferenza de cores en calquera estación do ano.
As ferramentas de debuxo especializadas de GardenSketch fan que o deseño de paisaxes sea sinxelo. Conta coa posibilidade de incorporar imaxes aéreas ou dun satélite como se fosen paisaxes. O planificador de GardenSketch elixe as plantas máis axeitadas empregando as súas capacidades de procura avanzada e fai estimacións do número de plantas que hai que mercar para unha determinada área.
Para o uso doméstico, GardenSketch garda información dos anos anteriores (por exemplo: xerminación, datas de plantación, …) e pode axudar a determinar o tempo óptimo para facer os sementeiros. Pode incluso imprimir as etiquetas para os testos sementados.
Pantallazo de Garden Sketch
Para o uso máis profesional, GardenSketch é compatible co formato aberto de ficheiro XML e utiliza OpenGL para amosar o crecemento de grandes cantidades de plantacións.
GardenSketch é unha aplicación que traballa en MacOS X e está dispoñible en Sourceforge.
Garden State (3D garden editor and playaer) é un contorno de desenvolvemento para modelar paisaxes. O software conta cun editor de terreos e un visor de xardíns en tempo real. O editor (Garden State Player) permite a creación de xardíns e terreos en tres dimensións a través dunha interface intuitiva e sinxela. Os terreos poden ser de diversas texturas (terra, herba, area, …). Aos obxectos 3D importados pódeselle engadir vexetación, posicionar a sombra en función do sol e determinar o seu contorno.
Garden State Player é un visualizador dos terreos en 3D que foron xerados co editor. Deste xeito ao ter unha aplicación editor e un visualizador independentes, é posible descargar soamente o player para ver os ficheiros.
O contorno de desenvolvemento ten as seguintes características:
- Aplicar texturas aos terreos.
- Importar obxectos con formato .obj
- Colocar os obxectos
- Salvagardar o escenario
- Visualizar o escenario nun programa independente
- Xestionar as sombras en función da posición do sol.
- …
O software está preparado para executarse en GNU/Linux e liberado baixo licenza GNU/GPL. Está desenvolvido empregando C++, QT e OpenGL; e os fontes estan dispoñibles en Sourceforge.
