Mancomún

SQL Power libera ferramentas para Business Intelligence

SQL Power é unha empresa canadiense, partner de Pentaho, que traballa en tecnoloxías Business Intelligence e Data Warehouse e que está a orientar o seu modelo de negocio cara o Código Aberto. De feito, recentemente liberaron, algunhas das súas ferramentas máis destacadas, as que permiten (coa axuda de potentes editores gráficos), realizar Data Cleansing, Modeling e Profiling.

As ferramentas son:

» Power MatchMaker Data Cleansing Tool

As ferramentas de Data Cleansing, permítenos limpar, validar e corrixir datos das nosas fontes de orixe durante o proceso de incorporación e creación a un DW. Tradicionalmente estes procesos eran manuais e difíciles de replicar e manexar. Con interfaces gráficos isto simplifícase. Tamén é útil para corrixir direccións erróneas, eliminar duplicados, copias de datos antes das correccións, etc…

» Power Architect Data Modeling Tool

Con esta ferramenta facilítase moito o traballo aos arquitectos de Data Warehouse, permítenos modelizar todos os nosos esquemas, facer enxeñería inversa, xerar automaticamente metadatos dos ETL, etc… Unha funcionalidade interesante é a de crear instantáneas (snapshots) das estruturas da Base de Datos, o que permite ir facendo o deseño e o modelado do DataWarehouse estando fora de liña.

Fonte: Todo BI

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal