Acaba de saír publicado no DOG a orde do 27 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.
Dentro destas subvencións concedidas pola Consellería de Innovación e Industria, temos diversos apartados. Entre os gastos subvencionables inclúense cuestións como as seguintes:
- Aplicacións informáticas nas empresas para a Sociedade da Información:
- “Implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e realizadas a medida para o solicitante, ou adaptación de librarías informáticas baseadas en código aberto, destinadas aos sistemas de información e de xestión da empresa solicitante.”
- Gastos subvencionables:
- Os correspondentes á contratación externa para os desenvolvementos a medida das aplicacións e as adaptacións en profundidade, sempre que se defina detalladamente o alcance da adaptación ou desenvolvemento, e que se diferencien inequivocamente dos gastos non subvencionables.
- Instalación, migración, posta en funcionamento e formación das citadas aplicacións .
- Apoio ao desenvolvemento do sector das TIC:
- “Desenvolvemento de aplicacións informáticas baseadas en código aberto. Entenderase como software de código aberto o xa descrito neste mesmo artigo, na actuación subvencionable anterior. Neste tipo de actuación deberá identificarse claramente a licenza escollida tanto para o código fonte e binarios como para a documentación de uso e desenvolvemento por terceiros. Cando así o establezan as cláusulas da licenza escollida, o beneficiario deberá facilitar o acceso público ao código fonte da aplicación informática desenvolvida e á documentación axeitada para o seu uso por terceiros, empregando os seus medios propios ou outros medios privados ou públicos, como por exemplo o repositorio público galego de software libre (https://forxa.mancomun.org).”
Para ler a convocatoria completa pulse na seguinte ligazón:
http://xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/162A?OpenDocument
Para máis información consulte os seguintes medios:
- A páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org), no seu epígrafe de axudas e na oficina virtual.
- O teléfono 981 54 55 83
- No enderezo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es
- Ou presencialmente nas oficinas da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información ubicadas na Consellaría de Industria en San Caetano.
Axudas as empresas en materia da sociedade da información
Asi mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.
Outras ligazóns de interese:
Ferramenta de Xeración e Presentación Electrónica de Solicitudes á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
