Mancomún

Sun abre a súa tecnoloxía SPOT á comunidade

Sun Microsystems anunciou a apertura do código da súa tecnoloxía Sun SPOT (siglas en inglés de Tecnoloxía de Pequeno Obxecto Programable), un proxecto de investigación desenvolvido por Sun Microsystems Laboratories. A versión de código aberto da plataforma Sun SPOT, baseada en tecnoloxía Java, incluirá hardware, software e a máquina virtual Squawk.

Así mesmo, Sun anunciou un especial foco no sector educativo co software Sun SPOT Java Development Kit (JDK) proporcionando á comunidade Sun SPOT novas oportunidades para a innovación e a creación de aplicacións embebidas e sensores sen cables baseados en Java.

 

Fonte: Laflecha.net  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal