Mancomún

Sun Microsystems compra Innotek, a compañía desenvolvedora de VirtualBox

Sun Microsystems compra Innotek, a compañía desenvolvedora de VirtualBox

http://www.mancomun.org/images/stories/vbox_logo2_gradient.pngSun Microsystems acaba de firmar un acordo de compra da compañía alemá Innotek GmbH , desenvolvedora do software GPL de virtualización VirtualBox, só un día despois de que a compañía publicase a versión beta de VirtualBox para OpenSolaris.

Sun comentou sobre a compra que VirtualBox tivo máis de 4 millóns de descargas desde que se fixo público en xaneiro de 2007, converténdoa nunha das principais opcións de virtualización do mercado e estaba interesado na compra para unha futura suite de virtualización para os seus clientes. Sun está pensando en usar VirtualBox para “expandir o seu software de virtualización Sun xVM…

xa que complementa perfectamente á súa plataforma.”

Esta compra sae á luz tan só un mes despois da compra de MySQL tamén por parte de Sun.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal