Sun Microsystems acaba de unirse á Free Software Foundation, fundación que preside Richard Stallman e que entre as súas actividades máis destacadas promove a licenza GPL e o proxecto GNU. Outras grandes empresas patronas da FSF son Google, Nokia, IBM, HP, Mysql, Cisco ou Intel que reciben asesoramento en licenzas a cambio do seu patrocinio. Todo apunta a que Sun ten un gran interese no desenvolvemento da GPLv3 e en conseguir unha maior presenza na comunidade libre a través de OpenSolaris.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
