O formato Open Document format (ODF) converteuse no estándar de comunicacións do goberno sudafricano, tras ser incluído no Mininimum Interoperability Standards for Information Systems in government (MIOS).
O MIOS define as seguintes condicións para considerar un estándar aberto:
- Mantido por unha organización non comercial.
- Calquera parte interesada pode participar no seu desenvolvemento.
- Os documentos do comité, borradores e estándares finais deben ser gratuítos ou, como moito, ter un custo mínimo.
- Debe estar permitida a copia e distribución gratuíta do estándar.
- Os dereitos intelectuais precisos para a súa implementación (patentes) deben estar outorgados de forma irrevogable e sen royalties engadidos.
- A reutilización do estándar non debe estar limitada.
- Deben existir múltiples implementacións do mesmo.
Fonte:
http://barrapunto.com
