Mancomún

Suxestións para migrar a Software Libre e facer unha administración electrónica

O IDABC (Interoperable Delivery of European eGovernment Services to public Administrations, Businesses and Citizens) ten unha listaxe de software libre que poden empregar os gobernos para cubrir moitas das áreas da administración.

Neste caso, cómpre salientarmos as alternativas libres que existen canto á xestión de hospitais e canto aos temas que se relacionan coa saúde, cos programas como o GNUMed, Care2x, DHIS, Res Medicinae, Debian-Med e World VistA HER.

«O proxecto GNUMed é un paquete de Software Libre e seguro que respecta a privacidade dos pacientes, está baseado en estándares abertos e nunha arquitectura cliente-servidor que ademais é multiplataforma e permite a internacionalización.»

«Care2x integra datos, funcións e workflows no contorno da saúde. Está formado por diversos compoñentes, como o HIS: Sistema de Información Hospitalaria, o CDS: Servidor Central de Datos etc»

«HISP (Health Information Systems Programme) é unha iniciativa de investigación global que se empregou por vez primeira no sur de África en 1998 e en diversos proxectos piloto en Mozambique, Malawi, Etiopía, Tanzania, na India e Vietnam. As características máis salientables deste sistema son, sobre todo, a súa flexibilidade xa que o usuario final e o avanzado poden definir os datos (rutinas de datos sanitarios, datos de organización, enquisas médicas etc»

«VistA deseñouse para dotar dunha interface gráfica simple para actualizar rapidamente os datos dos pacientes: medicinas, raios X, dietas, probas de laboratorio etc. Os rexistros de pacientes son suficientemente flexibles para recadar unha grande variedade de configuracións. A empresa que fixo worlvista está recoñecida como empresa sen ánimo de lucro desde 2003 e o programa estase a empregar desde hai varios anos»

Aínda que algún dos programas, como «Res Medicinae», aínda non está moi completo, outros presentan unha boa alternativa canto a unha implantación dun sistema estándar para todo un país, xa que ao seren software libre pódense cambiar segundo as necesidades, auditarse de mellor forma para garantir que se está a respectar a privacidade do paciente e pode distribuírse sen medo ao número de licenzas; este feito fai que se gasten menos cartos caso de ampliacións e, por tanto, rendible a longo prazo.

Páxina do inventario de software: http://ec.europa.eu/idabc/en/chapter/5649

Páxinas dos proxectos:

http://www.gnumed.org

http://care2x.com/index.php

http://www.hisp.info/confluence

http://resmedicinae.sourceforge.net

http://www.debian.org/devel/debian-med

http://www.worldvista.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal