O Plan de Alfabetización Tecnolóxica e Software Libre de Extremadura organiza dúas charlas sobre as posibilidades do programa libre Blender no modelado dixital en 3 dimensións de obxectos de alfarería e cerámica.
Trátase de que os alumnos coñezan a forma básica de traballar con esta ferramenta e que realicen un pequeno exercicio introductorio de modelado dun xarrón. Así, poderán facerse unha idea de como quedará a súa obra final, antes de “tirarse á lama”.
Ademáis, este evento poderase seguir a través da web http://www.nccextremadura.org/eventos/alfareriadigital, que conterá imaxes, vídeos e toda a información destas charlas.
Esta acción enmárcase dentro do proxecto “Universidades Populares en red y la Red”.
Fonte.- Región Digital
