Mancomún
Xoves, 14 Decembro 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: xestor de arquivos

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega analizaremos outra ferramenta fundamental coa que debemos contar nos nosos dispositivos, un xestor de arquivos e cartafoles. O Xestor de arquivos Simple Pro (da suite Simple Mobile Tools), é un xestor libre de arquivos e cartafoles rápido e profesional, para dispositivos Android.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: xestor de arquivos

Con este xestor poderemos facer diferentes tarefas cos nosos ficheiros como comprimir, transferir ou converter facilmente arquivos multimedia cuns poucos clics. Conta coas características principais necesarias para a xestión de arquivos e cartafoles, como poden ser a procura, a navegación, cortar, copiar e pegar, eliminar, renombrar, descomprimir, transferir, descargar, incluíndo tamén a personalización do cartafol de inicio e a selección de cartafoles favoritos para un rápido acceso.

Captura da aplicación en Android
carpeta e ficheiros

Con este sinxelo organizador poderás organizar e clasificar o contido do teu móbil por varias métricas e alternar entre ascendente e descendente ou utilizar unha clasificación específica por cartafoles. Para obter rapidamente a ruta dun arquivo ou cartafol, podes seleccionala facendo unha pulsación longa e copiándoa no portapapeis. Tamén poderás comprobar as propiedades dos arquivos ou cartafoles, como o tamaño, a data da última modificación ou os valores EXIF como a data de creación, o modelo de cámara nas fotos…

Captura da aplicación en Android
movendo carpetas

É unha aplicación segura, contén múltiples funcións relacionadas coa seguridade, como a protección con contrasinal dos elementos ocultos. Podes elixir entre usar un patrón, un pin ou un bloqueo biométrico para manter os teus datos privados. Funciona sen acceso a internet, garantindo aínda máis a túa privacidade.

Captura da aplicación en Android
imaxes

Con este xestor tamén poderás limpar o espazo e aforrar almacenamento interno mediante a compresión de arquivos e cartafoles. Admite a navegación dos arquivos raíz, tarxetas SD e dispositivos USB. Recoñece múltiples formatos de arquivo, incluíndo música, vídeos, imaxes e documentos. Conta con tema escuro por defecto, proporciona unha boa experiencia de usuario para un uso fácil. Non contén anuncios nin permisos innecesarios.

Captura da aplicación en Android
seguridade

Podes descargar esta aplicación desde o repositorio libre F-Droid ou desde Google Play.

Vídeo sobre o xestor de arquivos

Mércores, 15 Novembro 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: element, plataforma segura de comunicación

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega analizaremos element, unha plataforma segura de software libre para as comunicacións da nosa empresa ou para as nosas comunicacións persoais.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: element, plataforma segura de comunicación

Element está dirixido polos creadores de Matrix, o estándar aberto descentralizado para a comunicación en tempo real segura e soberana. Element é unha plataforma de código aberto e aloxamento flexible para permitir a soberanía dos teus datos.

intercomunicación

Comunicacións fiables en tempo real entre organizacións, mensaxería instantánea, chamadas de voz e vídeo, uso compartido da localización, enquisas de votación e moito máis…

Soberanía dos datos

Mellore a súa ciberseguridade e o cumprimento de normativas á vez que se protexe contra a dependencia de provedores e os compromisos de terceiros. Element baséase no estándar aberto Matrix para garantir a soberanía dos datos.

logo de matrix

‍‍Todas as aplicacións baseadas en Matrix son interoperables, de forma similar a como o son os clientes de correo electrónico, e igual de sinxelas para os empregados.

Seguridade

Element achega funcionalidade de nivel empresarial ao protocolo seguro de Matrix. Ofrece a supervisión e o control que cabe esperar dunha aplicación corporativa nunha contorna cifrada de extremo a extremo que inclúe mensaxería, arquivos adxuntos, voz e vídeo.

mensaxes en element

O software de código aberto permite a calquera acceder, inspeccionar e construír sobre o código basee, o que impulsa a innovación e mellora a seguridade. Element traballa con grandes empresas multinacionais e organizacións gobernamentais de todo o mundo, como a OTAN, a Forza Espacial, o Goberno francés e a Bundeswehr alemá.

Vídeo sobre element

Mércores, 11 Outubro 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Acceso a sistemas remotos con DWService

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega veremos DWService, servizo que permite o acceso a sistemas remotos utilizando un navegador web. En calquera parte do mundo, se necesitas acceder á túa computadora de casa ou do traballo, podes iniciar o navegador web no teu dispositivo, e a través de DWService obterás o control dela.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Acceso a sistemas remotos con DWService

Outras función de DWService

– DWService tamén permite compartir de forma segura, todo o que o teu sistema ten para ofrecer. Podes compartir con outras persoas non rexistradas en DWService sen utilizar os sistemas de nube existentes (compartir o cartafol do teu PC que contén as túas fotos de vacacións con familiares e amigos sen ter que publicar as fotos noutros servidores).

– Pódese mostrar a pantalla, e ser capaz de operar co rato e o teclado do sistema local. Tamén pode optar por compartir o sistema remoto con outros usuarios, mesmo parcialmente, evitando o uso do rato e o teclado se é necesario.

Pantalla remota

– Podes controlar o sistema de arquivos do sistema remoto, ofrecendo ademais a posibilidade de descargar e cargar calquera arquivo. Podendo compartir cartafoles con outros usuarios definindo en detalle as operacións ás que cada un deles está autorizado (lectura, edición, descarga, carga ou todo).

Sistema de arquivos

– Permite supervisar o estado do sistema remoto para obter información sobre a memoria, os procesadores, os discos, os procesos e os servizos, permitindo realizar varias operacións como iniciar / deter servizos, finalizar procesos e outros.

Estado do sistema remoto

– Opción de iniciar unha sesión de terminal no sistema remoto.

terminal

– Ver e editar un arquivo de texto.

– Mostrar un arquivo de rexistro actualizado automaticamente.

log

A través dos nodos (compoñentes que administran a interface web das sesións, e tamén se ocupan da triangulación de datos entre usuarios e axentes) pódese xestionar o ancho de banda, a comprobación de conexións…

O nodo é un compoñente fundamental de DWService, permitindo a conexión entre o usuario e o axente.

Cando o axente conéctase á infraestrutura DWService, rediríxello ao nodo máis próximo ou ao nodo menos cargado.

Logo de DWS Remote control

Conta cun alto nivel de seguridade. Un axente sempre está conectado a un nodo esperando que o usuario se conecte. Toda a comunicación entre os compoñentes e entre os usuarios e os axentes realízase mediante o porto TCP 443 (estándar https), as comunicacións codifícanse a través dun certificado SSL, de acordo cos últimos estándares de seguridade.

Todos os contrasinais almacénanse utilizando a técnica de hash, de acordo cos últimos estándares de seguridade para que non poidan rastrexarse ata o contrasinal. Ademais, non se almacenan datos que pasen entre usuarios e axentes nos nosos servidores.

O código fonte do axente está publicado como código aberto, para que calquera poida verificar o que fai no seu sistema e poder modificar o código, por exemplo, para limitar ou monitorear operacións específicas.

Existe tamén, unha versión de DWService para dispositivos Android.

captura de android de dwservice

Vídeo sobre DWService

Mércores, 13 Setembro 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Sincronización de arquivos con Syncthing

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega veremos Syncthing, programa libre multiplataforma para a sincronización continua de ficheiros. Sincroniza ficheiros entre dous ou máis dispositivos en tempo real. Os teus datos serán só teus e estarán seguros.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Sincronización de arquivos con Syncthing

Sincronizar ordenadores e dispositivos pode ser moi complicado para usuarios non expertos, pero con Syncthing esta tarefa faise doada e rápida, sen necesidade de ter coñecementos sobre IP’s, protocolos de conexión ou cifrado de datos. Poderemos sincronizar carpetas e arquivos entre ordenadores e dispositivos móbiles.

Características principais

– Privado. Os teus datos non se gardan en ningún outro lugar que non sexan os teus propios ordenadores. Non hai ningún servidor central que poida ser comprometido, legal ou ilegalmente.
– Cifrado. Toda a comunicación está asegurada usando TLS. O cifrado utilizado inclúe seguridade para evitar que accedan aos teus datos.
– Autenticado. Cada dispositivo está identificado cun forte certificado criptográfico. Só os dispositivos que permitiches explicitamente poden conectarse cos teus outros dispositivos.
– Protocolo aberto. O protocolo é unha especificación documentada.
– Código aberto. Todo o código fonte está dispoñible en GitHub.

Pantalla coas opcións de syncthing. Menú principal.

– Desenvolvemento aberto. Calquera erro que se atope é inmediatamente visible para que calquera persoa o poida consultar, non hai fallos ocultos.
– Discurso aberto. O desenvolvemento e o uso están sempre abertos á discusión.
– Potente. Sincroniza tantas carpetas como precises con diferentes persoas ou só entre os teus propios dispositivos.
– Portátil. Configura e supervisa Syncthing a través dunha interface sensible e potente accesible a través do teu navegador. Funciona en Mac OS X, Windows, GNU/Linux, FreeBSD, Solaris, OpenBSD e moitos outros. Execútalo nos teus ordenadores de escritorio e sincronízao co teu servidor para facer copias de seguridade.
– Sinxelo. Syncthing non necesita enderezos IP nin configuración avanzada: simplemente funciona, na LAN e na Internet. Cada máquina está identificada cun ID. Dalle o teu ID aos teus amigos, comparte unha carpeta e observa: UPnP fará o traballo se non queres abrir portos ou non sabes como facelo.

Vídeo sobre Syncthing

Mércores, 9 Agosto 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega veremos Tasks, aplicación potente e flexible para xestionar listas de tarefas e recordatorios a través dos nosos dispositivos Android. Unha aplicación de software libre, cunha licenza GNU GPLv3 que utiliza protocolos abertos.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks

Tasks é compatible con Outlook, Thunderbird, Apple Reminders e outros sistema de produtividade. Conta con múltiples opcións de sincronización, podendo intercambiar datos con Google Tasks, DAVx⁵, CalDAV, EteSync, DecSync CC e con Tasks.org.

Tasks

Pódese utilizar sen conexión, autoaloxarse ou configurar EteSync para un cifrado de extremo a extremo. Non contén anuncios e respecta a túa privacidade, os teus datos nunca se comparten con ninguén. Conta con filtros, etiquetas, listas, subtarefas de profundidade infinita, clasificación manual. É personalizable e está dispoñible en varios idiomas.

Tasks

Outras características interesantes:
– Notificacións de chegada e saída baseadas na localización
– Personaliza as túas listas con diferentes iconas e cores
– Oculta tarefas ata unha data posterior
– Engade tarefas automaticamente ao teu calendario
– Crea novas tarefas e listas de recordatorios con Tasker

Tasks

Pódese descargar desde F-droid ou desde Google Play.

Vídeo sobre Tasks

Mércores, 7 Xuño 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega veremos unha aplicación para poder xestionar os nosos contactos, tanto persoais como empresariais, desde o noso dispositivo Android. Falamos de Contactos, parte da suite de Simple Mobile Tools:

“Un grupo de aplicacións Android sinxelas e de software libre, sen anuncios nin permisos innecesarios”.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools

Tibor Kaputa é o desenvolvedor desta ferramenta para Android. Segue a filosofía de ser unha aplicacións pouco intrusiva, lixeira, sen publicidade, sen permisos innecesarios e de software libre (licenciadas baixo Apache 2.0).

A app de Contactos, pódese atopar aloxado tamén en F-Droid e Google Play.

F-Droid é un repositorio de aplicacións de software libre para Android verificadas, e tamén un completo «kit de tenda de aplicacións», proporcionando todas as ferramentas necesarias para montar e facer funcionar un almacén ou tenda de aplicacións. Un proxecto de software libre comunitario, desenvolto por un amplo rango de contribuidores.

Contactos, de Simple Mobile Tools

Contactos, de Simple Mobile Tools

Unha aplicación de contactos intelixente e lixeira para xestionar os teus contactos. Os contactos almacénanse no teu dispositivo ou tamén se poden sincronizar por diferentes medios. Esta axenda de contactos intelixente axudarache a manter os teus contactos nun só lugar sen a molestia de facer unha copia de seguridade deles, xa que a copia de seguridade sempre está sincronizada cos contactos que engades.

Xestionar os contactos no noso dispositvo (teléfonos, email, direccións postais, …) e mantelos sincronizados co noso servidor nunca foi tan sinxelo.

Contactos, de Simple Mobile Tools

Esta aplicación ocupa pouco espazo e é eficaz cando tes que facer unha copia de seguridade dos contactos e manter unha axenda que che axudará a manter contactos intelixentes.

Se queres contribuír economicamente co proxecto, existen algunhas destas aplicacións, de Simple Mobile Tools, en versión Pro que teñen un pequeno custo de adquisición e, por suposto, seguen sendo de software libre e mantendo a filosofía inicial do desenvolvedor de non ser intrusivas (nin cos permisos, nin coa publicidade). Tamén existe a app Simple Grazas, para poder contribuír a este proxecto.

Vídeo sobre Contactos

#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa #ArtigoTIC

Nesta entrega veremos unha aplicación para poder xestionar os nosos contactos, tanto persoais como empresariais, desde o noso dispositivo Android. Falamos de Contactos, parte da suite de Simple Mobile Tools:

“Un grupo de aplicacións Android sinxelas e de software libre, sen anuncios nin permisos innecesarios”.

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools

Tibor Kaputa é o desenvolvedor desta ferramenta para Android. Segue a filosofía de ser unha aplicacións pouco intrusiva, lixeira, sen publicidade, sen permisos innecesarios e de software libre (licenciadas baixo Apache 2.0).

A app de Contactos, pódese atopar aloxado tamén en F-Droid e Google Play.

F-Droid é un repositorio de aplicacións de software libre para Android verificadas, e tamén un completo «kit de tenda de aplicacións», proporcionando todas as ferramentas necesarias para montar e facer funcionar un almacén ou tenda de aplicacións. Un proxecto de software libre comunitario, desenvolto por un amplo rango de contribuidores.

Contactos, de Simple Mobile Tools

Contactos, de Simple Mobile Tools

Unha aplicación de contactos intelixente e lixeira para xestionar os teus contactos. Os contactos almacénanse no teu dispositivo ou tamén se poden sincronizar por diferentes medios. Esta axenda de contactos intelixente axudarache a manter os teus contactos nun só lugar sen a molestia de facer unha copia de seguridade deles, xa que a copia de seguridade sempre está sincronizada cos contactos que engades.

Xestionar os contactos no noso dispositvo (teléfonos, email, direccións postais, …) e mantelos sincronizados co noso servidor nunca foi tan sinxelo.

Contactos, de Simple Mobile Tools

Esta aplicación ocupa pouco espazo e é eficaz cando tes que facer unha copia de seguridade dos contactos e manter unha axenda que che axudará a manter contactos intelixentes.

Se queres contribuír economicamente co proxecto, existen algunhas destas aplicacións, de Simple Mobile Tools, en versión Pro que teñen un pequeno custo de adquisición e, por suposto, seguen sendo de software libre e mantendo a filosofía inicial do desenvolvedor de non ser intrusivas (nin cos permisos, nin coa publicidade). Tamén existe a app Simple Grazas, para poder contribuír a este proxecto.

Vídeo sobre Contactos

Mércores, 3 Maio 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Notas con Joplin

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega veremos unha aplicación para poder tomar notas de forma rápida e sinxela, podendo acceder a elas desde diversos dispositivos.

Joplin é unha aplicación de software libre para tomar notas e realizar tarefas pendentes, que pode xestionar un gran número de notas organizadas en cadernos. As notas pódense buscar, copiar, etiquetar e modificar directamente desde a aplicación ou desde o teu propio editor de texto. As notas están en formato Markdown.

imaxe do programa

Captura os teus pensamentos e accede a eles de forma segura desde calquera dispositivo. Accede ás túas notas desde o teu computador, teléfono ou tableta sincronizándoas con varios servizos.

A aplicación é multiplataforma, está dispoñible para Windows, macOS, GNU/Linux, Android e iOS. Tamén hai dispoñible unha aplicación para terminal. Admite imaxes, vídeos, PDF e arquivos de son. Crea expresións matemáticas e diagramas directamente desde a aplicación.

Vídeo sobre Joplin

Mércores, 12 Abril 2023

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Escritorio remoto con RustDesk

Vídeo
#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa

Nesta entrega veremos unha aplicación para poder controlar o noso ordenador ou smartphone de forma remota. Ademais de permitir o control remoto, tamén poderemos transferir arquivos entre dispositivos Android e PC facilmente con el.

Portada do video RustDesk

RustDesk é unha aplicación multiplataforma de escritorio remoto de software libre. O seu código fonte pódese atopar en:

https://github.com/rustdesk/rustdesk

Vídeo sobre RustDesk

#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa #ArtigoTIC

Nesta entrega veremos algunhas aplicacións para poder usar o dobre factor de autenticación desde o teu smartphone, e así mellorar a túa seguridade dixital.

Todo o mundo está familiarizado co método de usuario/contrasinal para acceder a moitos servizos online, pero non é a opción máis segura posible. A autenticación ou verificación en dous pasos (abreviado como 2FA) é un sistema que agrega un nivel adicional de seguridade ao proceso de acceso ás contas en liña.

O usuario ten que identificarse de 2 maneiras diferentes: require dun código obtido a partir dunha aplicación ou dun token USB, ou dunha tarxeta de coordenadas, ou dunha mensaxe SMS, ou dunha pegada (tamén valería o iris, a voz ou o rostro do usuario), ademais dun contrasinal para acceder ao servizo.

Desta forma, a verificación unívoca da túa identidade está vinculada a que o usuario ten que “saber algo” (nome do usuario e contrasinal), ademais de “ter algo” (código obtido dunha aplicación, mensaxe…) ou «ser algo» (datos biométricos).

Uso da dobre autenticación

Formas de usar 2FA:

– A través dun SMS, a opción menos segura.
– A través de aplicacións dedicadas ou hardware, que xeran un código de verificación refugable válido durante uns segundos. Combina facilidade e seguridade. Podemos usalo no smartphone cunha aplicación de autenticación dedicada ou a través de chaves de seguridade.

Existe un estándar aberto chamado OATH que é o utilizado por tokens baseados en hardware ou en software. Os tokens baseados en hardware son como unha tarxeta cun display, xeran unha clave para cada ocasión.

Tamén hai tokens baseados en software que xeran contrasinais dun só uso OTP como os que utilizan unha app no móbil ou unha aplicación no computador de sobremesa.

A alianza FIDO especificou un protocolo estándar U2F aberto, escalable e interoperable para que os servizos en liña poidan incorporar un segundo factor, utilizando criptografía de clave pública, vía un token, un dispositivo confiable ou chave de seguridade de autenticación física que se conecta vía USB ou NFC.

Algunhas destas app’s recomendadas son:
– andOTP (app de software libre para Android)
– FreeOTP (app de software libre para Android e iOS)
– Authenticator (plugin de software libre para usar nos navegadores Firefox ou Chrome)
– Aegis Authenticator (app de software libre para Android), e que analizaremos máis en profundidade neste artigo.

Aegis Authenticator

Aplicación 2FA gratuíta, segura e de software libre para xestionar os tokens de verificación en 2 pasos para os teus servizos en liña.

Aegis é compatible cos algoritmos HOTP e TOTP. Estes dous algoritmos son estándar na industria e amplamente soportados, facendo que Aegis sexa compatible con miles de servizos.

Cifrado e desbloqueo biométrico

Se elixes establecer un contrasinal, o almacén cifrarase mediante criptografía forte. Introducir o contrasinal cada vez que necesitas acceder a un contrasinal dun só uso pode resultar engorroso, por iso tamén se pode activar o desbloqueo biométrico se o teu dispositivo dispón dun sensor biométrico (por exemplo, desbloqueo facial ou por pegada dactilar).

Copias de seguridade

Aegis Authenticator pode crear copias de seguridade automáticas do almacén nunha localización da túa elección. Se o teu provedor de servizos na nube é compatible con Storage Access Framework de Android (como Nextcloud), pódense crear copias de seguridade automáticas na nube. Tamén é posible crear exportacións manuais do almacén.

Aegis Authenticator pode importar as entradas de moitos outros autenticadores, incluíndo: 2FAS Authenticator, Authenticator Plus, Authy, andOTP, FreeOTP, FreeOTP+, Google Authenticator, Microsoft Authenticator, Steam, TOTP Authenticator e WinAuth (requírese acceso root para as aplicacións que non teñen opción de exportar).

Vídeo sobre Aegis Authenticator

#AplicacionsLibresParaAndroidOrientadasAEmpresa #ArtigoTIC

Nesta entrega veremos Nextcloud Files, co que poderás ter o control total sobre os teus datos desde o teu smartphone.

Recupera o control dos teus datos empregando software libre en calquera plataforma (Windows, MacOS, GNU/Linux, Android) con Nextcloud Files. Colaboración remota máis fácil, personalizable e escalable. Non hai fugas de datos a terceiros.

Nextcloud é unha suite de software para crear e utilizar servizos de aloxamento de arquivos, entre outras funcións. É escalable, vale tanto para solucións de oficina doméstica baseadas na económica Raspberry Pi ata solucións de centro de datos de tamaño completo que admiten millóns de usuarios. Existen traducións a 60 idiomas para a interface web e as aplicacións cliente.

Os arquivos de Nextcloud almacénanse en estruturas de directorios convencionais, accesibles mediante WebDAV se é necesario. Requírese unha base de datos SQLite, MySQL ou PostgreSQL para proporcionar funcionalidades adicionais como permisos, recursos compartidos e comentarios. En xaneiro de 2020 lanzouse Nextcloud 18 “Nextcloud Hub”. O principal cambio foi a integración directa dunha suite de Office (OnlyOffice) e Nextcloud afirmou o obxectivo de competir con Office 365 e Google Docs. Hub integra os catro produtos crave de Nextcloud: Files, Talk, Groupware e Office nunha única plataforma, optimizando o fluxo de colaboración.

Nextcloud Files ofrece unha plataforma de acceso e sincronización universal de arquivos local con potentes funcións de colaboración e interfaces de escritorio, móbiles e web. Facilita a sincronización, o intercambio e a colaboración cos teus arquivos. Con Nextcloud Files, os usuarios teñen fácil acceso e poden compartir e colaborar nos seus arquivos, fotos e documentos en calquera lugar.

Conta cunha interface web moderna e fácil de usar, clientes de escritorio e aplicacións móbiles. Colaboración en tempo real e acceso instantáneo a todos os datos desde calquera dispositivo e en calquera lugar. Potentes funcións de cifrado e un control de acceso aos arquivos baseado en regras incorporado. Compleméntase con políticas de contrasinais sólidos, protección contra forza bruta, protección contra ransomware e moito máis.

Accede aos datos desde FTP, Windows Network Drive, SharePoint, NFS, Object storage, … A configuración e a integración sinxelas reducen os custos e diminúen o risco, á vez que aproveitan os investimentos de TI existentes.

Pílula en vídeo sobre Nextcloud Files

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android para xestionar a vosa empresa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal